Deputación de Lugo
Turismo

Saborea a túa provincia da Deputación exalta en Pantón os produtos de proximidade e o bo facer da cociña lucense

saborea a tua provincia

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este sábado na estrea da segunda edición do programa da Deputación Saborea a túa provincia no Campo da Feira de Ferreira de Pantón. Unha cita gastronómica e de lecer que contou con demostracións culinarias, actuacións musicais e obradoiros de cociña para os máis pequenos. Martín Mantilla, do restaurante Berso, elaborou nas cociñas do autobús do Saborea un Roast Beef de vaca galega con tomate eco, castañas e queixo da Ribeira Sacra que puideron degustar as persoas que se achegaron a Pantón esta tarde. Xograres de Lemos e o grupo Atlántica foron os encargados de poñer ritmo a esta xornada lúdica na Ribeira Sacra.