A Deputación presenta cinco xovencas da Granxa Gayoso á poxa do certame de gando de Pedrafita
A deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este domingo xunto ao Alcalde de Pedrafita do Cebreiro, José Luis Raposo, no XXXV Certame – Exposición de Gando Vacún deste municipio da Montaña. A institución provincial colabora con esta cita a través do Plan Deputación cunha achega de 15.000€ para este evento e a celebración da Feira do Queixo.
Así mesmo, a institución provincial presentou cinco xovencas da Granxa Gayoso Castro. De media, os animais chegaron a venderse no recinto feiral de Pedrafita de Cebreiro por 3.820euros.
O rabaño de Rubia Galega da Deputación de Lugo, criado na Granxa Gayoso Castro e xestionado en colaboración coa ACRUGA (Asociación Nacional de Criadores de Raza Rubia Galega) é un dos principais referentes na mellora xenética desta raza autóctona.
A esta xornada, que rematou coa entrega de premios, achegáronse centos de gandeiros e profesionais do sector. A programación tamén incluíu un pasarrúas que animou este evento tradicional