Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

Medio Rural participou nunha xornada sobre protección e benestar animal da USC

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
medio rural
PROTECCIÓN ANIMAL
BENESTAR ANIMAL
USC
IBADER
Veterinaria

Medio Rural da Deputación de Lugo participou nunha xornada sobre protección e benestar animal incluída dentro do programa formativo de verán da Universidade de Santiago de Compostela e participada polo Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER), do que a institución provincial fai parte.

As sesións foron impartidas por profesorado da facultade de veterinaria, técnicos veterinarios da Consellería de Medio Rural e  expertos legais, que abordaron distintas cuestións relacionadas coa práctica da peritaxe veterinaria e a lexislación de protección e benestar animal.

Así ao longo das tres xornadas, o alumnado recibiu formación relativa ao protocolo xeral de intervención en casos de maltrato animal, a aspectos prácticos e legais da peritaxe forense ou ás problemáticas específicas da protección e o benestar animal en gando equino, bovino, porcino ou avícola. 

A través da participación na xornada, a área de Medio Rural reforza a colaboración e o intercambio de coñecementos con persoal docente, técnico e investigador de administracións e entidades públicas encargadas da formación do persoal veterinario, que desenvolve unha labor fundamental na atención e no asesoramento ás gandeirías.