210 deportistas do Club de Karate Shihan compiten coa axuda do Goberno da Deputación

Rivera Capón puxo en valor “o traballo que leva facendo o Club de Karate Shihan nos seus 26 anos de historia polo fomento desta disciplina deportiva na provincia, que cada vez conta con máis adeptos e será por fin olímpico en Tokio 2020”
O Club de Karate Shihan competirá esta fin de semana no Campionato Provincial, nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, xuvenil e cadete; nas modalidades individual, por equipos e Kumite
O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, mantivo un encontro cos membros do Club de Karate Shihan, co que colabora o Goberno da Deputación cunha achega de 4.000 euros para gastos de tempada e bolsas de 300 euros para seis deportistas individuais do club. O Club de Karate Shihan conta con 210 licencias, das cales 85 corresponden a rapaces maiores de catro anos. Trátase dunha entidade que conta practicamente co mesmo número de karatekas nas categorías femininas que nas masculinas. Este club compite a nivel autonómico e a nivel nacional, na modalidade de karate deportivo e tamén na de karate tradicional, unha disciplina reservada a deportistas de máis de 16 anos.
Rivera Capón puxo en valor “o traballo que leva facendo este club nos seus 26 anos de historia polo fomento do karate na provincia, que cada vez conta con máis adeptos e será por fin olímpico en Tokio 2020. Sentimos o deber de colaborar con entidades coma esta, que se converteu en todo un referente dentro do deporte provincial que achega a veciños de todas as idades o interese pola práctica deportiva, xa sexa co fin de converterse en profesionais ou simplemente de xeito afeccionado”.
O Club Shihan de Karate competirá esta fin de semana no Campionato Provincial de Karate, no que participarán deportistas das categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, xuvenil e cadete; nas modalidade individual, por equipos e kumite. O nivel do karate en España é moi alto e este deporte conta cada vez con máis apoio. Hai uns meses celebrouse en Madrid o Campionato Mundial, resultando campioa feminina do mundo unha española e subcampión masculino un español.