Deputación de Lugo
Medio ambiente

Arrinca o programa de formación dos hortos urbáns da Deputación, que inclúe conferencias e obradoiros

medio rural
Medio Ambiente
Formación
Imaxe deputación de lugo
O primeiro faladoiro O barbeito tempora e labouras culturais do inverno nas terras de cultivo celebrouse este xoves no Centro de Interpretación Terras do Miño

Fernández Queipo subliñou que estes encontros “fomentan o interese pola agricultura ecolóxica e o respecto ao medio ambiente”

A programación prolongarase ata o mes de xuño con cinco sesións formativas e outros 5 encontros para demostracións prácticas

O primeiro faladoiro do ano O barbeito temporal e labouras culturais do inverno nas terras de cultivo, enmarcado dentro do programa de formación de hortos urbanos, para os usuarios dos hortos da Deputación, celebrouse este xoves no Centro de Interpretación Terras do Miño. Así o avanzou o Vicepresidente e Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, subliñando a importancia deste plan formativo para os máis de 100 usuarios que desfrutan dos terreos que a Deputación ten nas zonas do Rato e Paradai, “xa que fomenta o interese pola agricultura ecolóxica e o respecto ao medio ambiente”.

As sesións, 5 en total, que continuarán a celebrarse ata o mes de xuño, estarán directamente relacionadas cos coidados dos cultivos e tratarán sobre diversos temas, tales como o abonado orgánico, a planificación do horto ou o tratamento preventivo e ecolóxico de pragas. Ademais, haberá tamén outros cinco encontros para demostracións prácticas nas que se tomarán mostras do solo, o se achegará aos asistentes ao cultivo mecanizado de parcelas, así como á identificación de plagas ou o uso da auga de rega.

Os hortos urbanos foi unha iniciativa pioneira do Executivo Provincial, posta en marcha no ano 2006, que ten como obxectivos impulsar a realización de actividades físicas e mentais en contacto coa natureza, fomentar a participación cidadá e un desenvolvemento sostible, así como promover boas prácticas agrarias, unha alimentación e hábitos de vida saudables; e introducir a horticultura didáctica de cara á comunidade educativa.