Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

A Deputación sortea a través da súas redes sociais entradas para o Breogán e o CD Lugo

Breogán
CD Lugo
Imaxe deputación de lugo

A Deputación sortea a través das súas redes sociais corporativas entradas para asistir a partidos do CCBreogán e o CD Lugo que se disputen na cidade lucense. Cada semana, e ata final de ano, haberá un total de 4 gañadores, 2 para o partido do Breogán e 2 para o do CD Lugo, que recibirán 2 entradas. O único requisito para participar neste sorteo é ser maior de 14 anos e seguir as contas oficiais da Deputación https://twitter.com/depulugo e https://www.facebook.com/diputacionlugo/ O 1º dos sorteos comezará este luns para os partidos do CB Breogán e o Obradoiro CAB, e para o CD Lugo e Cádiz Club de Fútbol.

O prazo de participación arrancará cada luns ás 12:00 horas e rematará cada xoves ás 12:00 horas. Só se sortearán entradas para os partidos xogados como local. As persoas que desexen participar no sorteo deberán interactuar na rede social que desexen do seguinte xeito:

-    CB Breogán:

A páxina oficial https://www.facebook.com/diputacionlugo/ realizará unha publicación para concorrer ás entradas. As persoas que desexen participar deberán darlle a “Me Gusta”, e comentar nomeando ao CCBreogán https://www.facebook.com/CBBreogan/  e empregando a etiqueta #LugoCambia.

En Twitter, o perfil oficial da Deputación https://twitter.com/depulugo realizará tamén unha publicación, que deberá ser retuiteada con comentario, nomeando ao https://twitter.com/cbbreogan e empregando o hashtag #LugoCambia

-    CD Lugo:
A páxina oficial https://www.facebook.com/diputacionlugo/ realizará unha publicación para concorrer ás entradas. As persoas que desexen participar deberán darlle a “Me Gusta”, e comentar nomeando ao CD Lugo https://www.facebook.com/cdeportivolugo/ e empregando a etiqueta #LugoCambia.

En Twitter, o perfil oficial da Deputación https://twitter.com/depulugo realizará tamén unha publicación, que deberá ser retuiteada con comentario, nomeando ao CD Lugo https://twitter.com/cdeportivolugo e empregando o hashtag #LugoCambia

Gañadores
Cada semana haberá 4 gañadores:
-    1 gañador de 2 entradas para o encontro oficial da Liga ACB que dispute o CB Breogán no Pazo Provincial dos Deportes, que participase no sorteo de Facebook
-    1 gañador de 2 entradas para o encontro oficial da Liga ACB que dispute o CB Breogán no Pazo Provincial dos Deportes, que participase no sorteo de Twitter
-    1 gañador de 2 entradas para o encontro oficial da Liga 123 que dispute o CD Lugo no Estadio Anxo Fernández Carro, que participase no sorteo de Facebook
-    1 gañador de 2 entradas para o encontro oficial da Liga 123 que dispute o CD Lugo no Estadio Anxo Fernández Carro, que participase no sorteo de Twitter

Estas persoas poderán recoller as súas entradas ata o venres anterior a cada partido as 14:00 horas, presentando o seu DNI na Área de Deportes. As bases que rexen o sorteo son públicas e poden consultarse en www.deputacionlugo.gal