A Reserva da Biosfera Terras do Miño será imaxe do boleto da Lotería Nacional grazas á Deputación
O Presidente da Deputación e o Deputado de Medio Ambiente veñen de dar a coñecer o décimo deste sorteo para o próximo xoves 23 de outubro dedicado ao Muiño da Ruxida de Guitiriz
Tomé Roca subliñou que “é un orgullo para nós que a Reserva da Biosfera Terras do Miño chegue a miles de persoas de toda España a través deste boleto. Esta é unha oportunidade única e excepcional para dar a coñecer a beleza deste territorio e a súa riqueza natural e paisaxística”
Sáb, 18/10/2025 - 10:30