A Deputación aproba investimentos por case 1,4M€ para obras e servizos en seis concellos da provincia
A Xunta de Goberno deste venres aprobou licitar novos investimentos no Parque Central de Galicia, en Antas de Ulla; e foron adxudicadas as obras de emerxencia para reparar a ponte na LU-P-0208, á altura de Rubeiro en Alfoz; e os traballos de mellora dos accesos e ampliación da zona dos silos na Granxa Experimental de Castro de Rei
Ademais a institución provincial aprobou diferentes convenios con Lugo, Castroverde, e Foz por un importe próximo a 1M€, destinado a obras relevantes como a renovación integral da Avenida Adolfo Suárez, un dos principais accesos á capital lucense
Adxudicado tamén o último lote do contrato para dotar de equipamento ao complexo turístico de Augasmestas, no Concello de Quiroga, que dotará de mobiliario á piscina, recepción, vestiarios, aseos ou material para os bungalows
Ven, 12/12/2025 - 14:49