LIFE IN COMMON LAND

A Deputación de Lugo participa como beneficiaria coordinadora no proxecto LIFE IN COMMON LAND xunto con dous beneficiarios asociados, a Universidade da Coruña e a Universidade de Santiago de Compostela. Estes tres organismos públicos autonómicos de Galicia posúen experiencia na xestión e planificación de RN2000 e interese en compatibilizar a conservación do medio ambiente e o aproveitamento do medio rural.

Este proxecto LIFE 16 NAT/ES/707, cofinanciado ao 74,62% pola Unión Europea, ten como obxectivo principal mellorar o estado de conservación dos hábitats 7130* (turbeiras de cobertor) e 4020* (brezais húmidos atlánticos de zonas temperadas de Erica ciliaris y Erica tetralix) na ZEC Serra do Xistral (ES1120015), ao tempo que se reduce a conflitividade social xerada en torno ao seu aproveitamento gandeiro, mediante a implementación de Esquemas Completos de Xestión baseados en Resultados de Conservación, seguindo exemplos exitosos aplicados noutras áreas da Rexión Atlántica, coa particularidade de estar en terreos con réxime de propiedade común da terra.

Os obxectivos específicos por orde de importancia son:

  1. Implantar Esquemas de Xestión baseados en Resultados de Conservación en áreas comunais para mellorar a estrutura e funcións nos hábitats 7130*, 7110* y 4020*.
  2. Deseñar e aplicar de xeito demostrativo Esquemas de Pagos por Resultados de Conservación que poidan ser empregados, xunto aos Esquemas de Xestión, na redacción do vindeiro PDR para Galicia, mellorando as perspectivas futuras dos hábitats e a sostenibilidade a longo prazo dos resultados do proxecto.
  3. Difundir e transferir as medidas demostrativas de xestión, Pagos por Resultados para áreas comunais e a metodoloxía de seguemento dos resultados mediante cámaras multiespectrais montadas sobre RPAS.
  4. Desenvolver actuacións para aumentar o área de ocupación do hábitat 4020* mediante a recuperación da superficie ocupada por especies forestais exóticas.
  5. Informar e sensibilizar sobre os servizos ecosistémicos brindados polo mosaico de hábitats e o seu valor económico para o desenvolvemento rural de áreas de montaña.

O proxecto subvencionado contempla as seguintes accións:

  • Accións preparatorias
  • Pagos compensatorios
  • Accións concretas de conservación
  • Accións de seguimento das repercusións do proxecto
  • Accións de capacitación, sensibilización pública e difusión dos resultados.
  • Funcionamento e seguemento xeral do proxecto. Xestión, coordinación do proxecto e Plan After-Life

Axenda Innovación e TIC