Ilumin@

Proxecto singular destinado a concellos que favorece o paso a unha economía baixa en carbono a través da renovación das instalacións de alumeado, iluminación e sinalización exterior. A través do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), organismo intermedio encargado da xestión de fondos europeos, aprobouse recentemente unha liña de subvencións mediante concesións directas para proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en Carbono no marco do programa operativo FEDER do crecemento sostible 2014-2020.

Debido á experiencia acumulada pola Deputación de Lugo neste tipo de fondos, e en virtud do disposto no artigo 5.b) do Real Decreto 616/2017, este organismo, en representación dunha agrupación formada por concellos da provincia que de xeito individual non superen os 20.000 habitantes, ten a intención de actuar a través do Proxecto ILUMIN@. Dentro das distintas medidas posibles solicitouse a Medida 6 “Renovación das instalacións de alumeado, iluminación e sinalización exterior”. O obxetivo principal deste proxecto será a redución de gasto enerxético en, polo menos, un 30%, mediante uso de lámpadas con tecnoloxía LED, obtendo unha clasificación enerxética A ou B, segundo as bases do R.D. 616/2017.

Proxecto Ilumin@

Con data 16 de xullo de 2019 o IDAE notifica á Deputación de Lugo a RESOLUCIÓN FAVORABLE  en virtude da cal o Proxecto ILUMIN@ obtivo a axuda solicitada na convocatoria regulada polo Real Decreto 616/2017*, do 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020. Dita convocatoria foi publicada no BOE do 17 de xuño de 2017. No proxecto ILUMIN@ participan 38 concellos da Provincia de Lugo.

  • Real Decreto 1516/2018, de 28 de decembro, polo que se modifica el Real Decreto 616/2017, de 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020, ampliando o seu orzamento e vixencia.
  • Real Decreto 316/2019, de 26 de abril, polo que se modifica o Real Decreto 616/2017, de 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020.

Grazas ao proxecto ILUMIN@, as entidades locais recibirán unha axuda económica para a renovación de instalacións de luz por tecnoloxía máis eficiente, o que supoñerá un aforro conxunto de 62.000€ ao ano. A iniciativa forma parte do obxectivo estratéxico da Deputación de cooperar cos Concellos para que poidan prestar servizos públicos eficientes á cidadanía.

O importe total do proxecto ILUMIN@ é de 722.590,36 €, sendo a cofinanciación do FEDER dun 80%  578.072,26 € asumindo a  Deputación de Lugo o restante 20% con fondos propios 144.518,10€.
 
Esta iniciativa enmárcase “no obxectivo estratéxico da Deputación de cooperar cos Concellos para que poidan prestar servizos públicos eficientes á cidadanía aforrando custes”. 
 
Grazas ao programa ILUMIN@, os Concellos recibirán unha axuda económica para o cambio de luminarias existentes por outras de tecnoloxía LED en instalacións municipais, como por exemplo alumeados públicos. Renovaranse instalacións de luz, co que se reducirá o consumo en 450.217 quilovatios ao ano, de xeito que, en termos económicos, o aforro conxunto nos 38 concellos superará os 62.000€ anuais, o que supón un 63% da facturación eléctrica das instalacións nas que se actúa.

A Deputación distribúe os fondos nos 38 Concellos que se sumaron ao proxecto en base ao seguintes criterios obxectivos: superficie, poboación, dispersión e esforzo fiscal. Segundo esta baremo, as cantidades que recibirá cada municipio e a finalidade á que as destinarán son as seguintes:

CONCELLO

IMPORTE TOTAL DA ACTUACIÓN

80%FEDER

20% DEPUTACIÓN DE LUGO

NOME DA ACTUACIÓN

BARALLA

17.079,48

13.663,58

3.415,90

"AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA DO ALUMEADO PÚBLICO EXTERIOR E SOBRADO"

MEIRA

13.249,69

10.599,75

2.649,94

AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA DE ALUMEADO PÚBLICO EXTERIOR EN REGOLONGO (MEIRA)"

FRIOL

27.611,34

22.089,07

5.522,27

"PROXECTO DE RENOVACIÓN DAS INSTALACIÓNS DE ALUMEADO PÚBLICO EN SEIXÓN"

QUIROGA

18.994,34

15.195,47

3.798,87

"RENOVACIÓN DAS INSTALACIÓNS DE ALUMEADO, ILUMINACIÓN E SINALIZACIÓN EXTERIOR"

BURELA

13.249,69

10.599,75

2.649,94

"RENOVACIÓN E MELLORA DE INSTALACIÓNS DE ALUMEADO PÚBLICO"

NEGUEIRA DE MUÑIZ

13.249,69

10.599,75

2.649,94

AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA DE ALUMEADO PÚBLICO EXTERIOR EN NEGUEIRA DE MUÑIZ"

CASTRO DE REI

24.739,05

19.791,24

4.947,81

"AHORRO Y EFICIENCIA ENERGÉTICA EN EL ALUMBRADO PÚBLICO DE CASTRO DE REI"

A PASTORIZA

20.909,23

16.727,38

4.181,85

"AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA EN ALUMEADOS PÚBLICOS DE PASTORIZA"

BEGONTE

17.079,48

13.663,58

3.415,90

"RENOVACIÓN DE LUMINARIAS VSAP POR LED EN ALUMEADO EXTERIOR EN CTRA. SAAVEDRA E BALTAR-DAMIL- (BEGONTE)"

RIOTORTO

14.207,14

11.365,71

2.841,43

"RENOVACIÓN DE ALUMEADO PÚBLICO EN FERRERÍA, CHACÍN E VAL"

CARBALLEDO

20.908,95

16.727,16

4.181,79

"RENOVACIÓN DE LÁMPADAS E LUMINARIAS EXISTENTES POR LUMINARIAS DE TECNOLOXÍA LED"

SOBER

22.824,16

18.259,33

4.564,83

"RENOVACIÓN DE LAS INSTALACIONES DE ALUMBRADO, ILUMINACIÓN Y SEÑALIZACIÓN EXTERIOR"

LOURENZÁ

16.022,03

12.817,62

3.204,41

"AHORRO Y EFICIENCIA ENERXÉTICA EN LOS ALUMBRADOS PÚBLICOS DE ARROXO Y ALEMPARTE"

OUROL

22.815,36

18.252,29

4.563,07

"PROYECTO DE MEJORA DE EFICIENCIA ENERGÉTICA EN INSTALACIÓN DE ALUMBRADO PÚBLICO EXTERIOR EN LOS NÚCLEOS DE A GARITA Y OS TEIXOS EN LA PARROQUIA DE BRAVOS"

A POBRA DO BROLLÓN

16.122,03

12.897,62

3.224,41

"MELLORA
DA EFICIENCIA ENERXÉTICA DA INSTALACIÓN DE ALUMEADO PÚBLICO DOS NÚCLEOS RURAIS DE PIÑEIROS,
VILARMAO E CASTRONCELOS”

MONDOÑEDO

17.079,48

13.663,58

3.415,90

"RENOVACIÓN DE LÁMPADAS E LUMINARIAS EXISTENTES POR LUMINARIAS DE TECNOLOXÍA LED NO CONCELLO DE MONDOÑEDO"

XERMADE

21.866,71

17.493,37

4.373,34

"PROYECTO DE ALUMBRADO PÚBLICO EXTERIOR EN EL CONCELLO DE XERMADE"

O VICEDO

17.079,48

13.663,58

3.415,90

"PROXECTO DE ALUMEADO PÚBLICO NO LUGAR DE O PAZO-SAN ROMÁN VICEDO"

NAVIA DE SUARNA

17.079,48

13.663,58

3.415,90

"RENOVACIÓN DE INSTALACIÓNS DE ILUMINACIÓN PÚBLICA NO CONCELLO DE NAVIA DE SUARNA"

LÁNCARA

18.915,52

15.132,42

3.783,10

"RENOVACIÓN DE INSTALACIÓN DE ALUMEADO PÚBLICO NO CONCELLO DE LÁNCARA"

CERVANTES

18.913,26

15.130,61

3.782,65

"RENOVACIÓN DE INSTALACIÓN DE ILUMINACIÓN PÚBLICA NO CONCELLO DE CERVANTES"

O SAVIÑAO

24.723,65

19.778,92

4.944,73

"EFICIENCIA ENERGÉTICA EN INSTALACIONES DE ALUMBRADO PÚBLICO EXTERIOR EN EL LUGAR DE CURRELOS"

RIBEIRA DE PIQUÍN

13.249,69

10.599,75

2.649,94

"PROXECTO DE MELLORA DE EFICIENCIA ENERXÉTICA EN INSTALACIÓN DE ALUMEADO PÚBLICO EXTERIOR NO NÚCLEO DE SANTALLA, PARROQUIA DE SANTALLA"

ALFOZ

18.735,84

14.988,67

3.747,17

"RENOVACIÓN DE INSTALACIÓNS DE ILUMINACIÓN PÚBLICA NO CONCELLO DE ALFOZ"

O PÁRAMO

16.122,03

12.897,62

3.224,41

RENOVACIÓN DE INSTALACIONES DE ALUMBRADO
EXTERIOR DEL AYUNTAMIENTO DE O PÁRAMO EN LOS SIGUIENTES
LUGARES: VILARIÑO/CODESAL/CABANA/CANCELA-LAGOA/CABANAS/SAN
PEDRO/BICÁS/ARMADA/ GÁNDARA”

RÁBADE

11.335,28

9.068,22

2.267,06

"PROXECTO DE RENOVACIÓN DE ALUMEADO EN RÁBADE"

AS NOGAIS

14.207,06

11.365,65

2.841,41

"RENOVACIÓN DE INSTALACIÓNS DE ILUMINACIÓN PÚBLICA NO CONCELLO DE AS NOGAIS"

GUNTÍN

18.994,37

15.195,50

3.798,87

"RENOVACIÓN DAS INSTALACIÓNS DE ALUMEADO EXTERIOR DO CONCELLO DE GUNTÍN DO SEGUINTE LUGAR: GRUPO ESCOLAR"

CASTROVERDE

18.036,92

14.429,54

3.607,38

"AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA EN ALUMEADO PÚBLICO DE CASTROVERDE"

SAMOS

16.758,70

13.406,96

3.351,74

"RENOVACIÓN DE INSTALACIÓN DE ILUMINACIÓN PÚBLICA NO CONCELLO DE SAMOS"

TRABADA

17.079,48

13.663,58

3.415,90

"PROYECTO DE AHORRO Y EFICIENCIA ENERGÉTICA EN EL ALUMBRADO PÚBLICO DE RABEXA, RETORTA Y SAN MARTIN"

O INCIO

17.925,40

14.340,32

3.585,08

"RENOVACIÓN DE INSTALACIÓN DE ILUMINACIÓN PÚBLICA NO CONCELLO DO INCIO"

FOLGOSO DO COUREL

14.207,11

11.365,69

2.841,42

"RENOVACIÓN DE LAS INSTALACIONES DE ALUMBRADO, ILUMINACIÓN Y SEÑALIZACIÓN EXTERIOR EN FERRAMULÍN-VILELA"

PANTÓN

21.866,70

17.493,36

4.373,34

"RENOVACIÓN DE LAS INSTALACIONES DE ALUMBRADO, ILUMINACIÓN Y SEÑALIZACIÓN EXTERIOR"

O VALADOURO

20.852,57

16.682,06

4.170,51

"PROXECTO DE REFORMA DO ALUMEADO PÚBLICO EN DIVERSOS LUGARES DA PARROQUIA DE BUDIAN, NO CONCELLO DO VALADOURO"

COSPEITO

22.824,16

18.259,33

4.564,83

"AHORRO Y EFICIENCIA ENERGÉTICA EN EL ALUMBRADO PÚBLICO EN XUSTAS"

VILALBA

38.143,30

30.514,64

7.628,66

"RENOVACIÓN DO ALUMEADO EXTERIOR NAS RÚAS PLÁCIDO PEÑA E OUTRAS (CONCELLO DE VILALBA)"

MONFORTE DE LEMOS

27.532,51

22.026,01

5.506,50

"RENOVACIÓN DE LAS INSTALACIONES DE ALUMBRADO, ILUMINACIÓN Y SEÑALIZACIÓN EXTERIOR-C/ROSALÍA DE CASTRO, C/CONCEPCIÓN ARENAL, C/SEVERO OCHOA Y C/LOPEZ SUAREZ DE MONFORTE DE LEMOS"

TOTAL

722.590,36

578.072,26

144.518,10

 

 
Feder IluminaLogo Feder. Manera de hacer Europa

Axenda Innovación e TIC