Menu toggle
Innovación e TIC

PROYECTO LUGO2

O proxecto Lug02 é un proxecto integral de rexeneración rural desenvolto nas tres Reservas da Biosfera da provincia de Lugo (Terras do Miño, Os Ancares Lucenses, río Eo- Os Oscos- Terras de Burón) e a Serra do Courel. O seu obxectivo principal é o desenvolvemento endóxeno dos municipios incluídos nos espazos naturais protexidos da provincia de Lugo, a través da posta en valor dos recursos naturais dispoñibles e a sensibilización medioambiental de habitantes e visitantes dende unha perspectiva de sostenibilidade, participación cidadá e innovación.

Leváronse a cabo 13 actuacións dentro do marco do proxecto Lug02:

  1. Creación dun GIS turístico- medioambiental.- Realización de traballos de deseño, desenvolvemento, dotación de contidos e ampliación de funcionalidades dunha plataforma SIG web, denominada “delugo”. Esta reúne información sobre o patrimonio ambiental, cultural e servizos turísticos no territorio mencionado.
  2. Medidas para diminuír impactos da carga gandeira.- Desenvolvemento dun proxecto no centro de recría Granxa Gayoso para a redución de impactos de carga gandeira; charlas informativas a agricultores e gandeiros das tres Reservas da Biosfera da provincia de Lugo e O Courel como método de concienciación.
  3. Aproveitamento de enerxías renovables.- Estudo para o desenvolvemento de cultivos enerxéticos nas Reservas da Biosfera de Lugo, redacción de produtos de dispoñibilidade, extracción, transporte de biomasa forestal, estudo de instalacións solares e outras alternativas no Centro de Interpretación da Naturaleza da Fonsagrada.
  4. Creación de aulas de interpretación da natureza.- Funcionamento de tres aulas físicas (Guitiriz, A Fonsagrada e O Courel) e catro aulas móbiles; actividades para a mellora da contorna natural e calidade ambiental.
  5. Deseño e edición de material didáctico ambiental.- Destinado a dar a coñecer os recursos naturais de interese turístico e medioambiental das zonas calificadas como Reservas da Biosfera da provincia e O Courel: edición de ficheiros medioambientais e libros de rutas do programa medioambiental Km0.
  6. Rutas de sendeirismo accesibles.- Actuacións para a creación e recuperación de rutas de sendeirismo practicables, de acordo á norma UNE 170001.
  7. Creación de órganos de xestión das Reservas da Biosfera
  8. Campamentos e obradoiros de sensibilización medioambiental.- Organización dun programa de actividades lúdico-educativas de difusión ambiental para cativos e realización de rutas medioambientais denominadas Km0
  9. Mellora da comercialización de produtos autótonos (promoción da creación de empresas vencelladas ao turismo e medioambiente).- Creación dun signo distintivo denominado Lugosabe, un manual de imaxe e un regulamento de uso para dito distintivo; auditorías para verificar o cumprimento dos requisitos da marca Lugosabe; acreditación a 40 empresas polo uso da marca.
  10. Programa de bolsas para mozos titulados: seguemento e xestión, deseño, lanzamento e coordinación de actividades do programa de bolsas en Europa para mozos titulados, orientadas a medioambiente e turismo.
  11. Profesionalización do turismo rural medioambiental
  12. Actuacións de Información e Publicidade correspondentes ao proxecto LugO2.- Desenvolvemento de manuais e documentación, páxinas web, campañas de comunicación e xornadas, sesións e eventos de difusión.
  13. Actuacións de Xestión e Seguemento correspondentes ao proxecto LugO2.- Actuacións relativas a asistencia técnica, auditorías externas e avaliacións.