Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación de Lugo asiste á toma de posesión do Presidente da Xunta

Xunta

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asistiu este sábado no parque de San Domingos de Bonabal, en Santiago de Compostela, á toma de posesión de Alfonso Rueda Valenzuela como Presidente da Xunta de Galicia. O mandatario provincial desexoulle éxitos e acertos a Rueda “porque será bo para a provincia de Lugo e tamén para o conxunto de Galicia”. No acto, Tomé Roca estivo acompañado por deputados e deputadas autonómicos entre outras autoridades.