Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación colabora coas Feiras e Festas das Quendas, que se inauguran mañá en Mondoñedo

RURAL
DANIEL GARCÍA
mondoñedo
AS QUENDAS
A Gran Feira Tradicional de Gando Cabalar e Razas Autóctonas do 1 de maio será o eixo central das feiras e festas

A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora un ano máis coas Feiras e Festas das Quendas, que se inauguran mañá en Mondoñedo e que teñen o 1 de maio como xornada central.

A área dirixida por Daniel García colabora coa Asociación As San Lucas, organizadora da feira, nas actividades ligadas á gandeiría, como a Gran Feira Tradicional de Gando Cabalar e Razas Autóctonas que comenzará ás 9.00 horas no Campo da Feira, ao redor da que se articula a celebración, e na que participan gandeirías da comarca e doutros puntos de Galiza.

O recinto tamén acollerá unha exposición de razas autóctonas, con exemplares de porco celta, cabalos de Pura Raza Galega e Galiña de Mos.

Daniel García felicitou á organización por “seguir impulsando unha feira  que visibiliza a tradición gandeira do concello e da Mariña interior e pon en valor o traballo dos criadores e criadoras de gando cabalar, fundamental na conservación do territorio”.

Os produtos de razas autóctonas tamén estarán presentes na feira, coa degustación decarne de porco celta e de poldro nos locais de hostalería. Ademais, haberá mercado de produtos tradicionais do campo e a XL Festa da Empanada.