Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación colabora coas Feiras e Festas das Quendas, que se inauguran mañá en Mondoñedo

RURAL
DANIEL GARCÍA
mondoñedo
AS QUENDAS
A Gran Feira Tradicional de Gando Cabalar e Razas Autóctonas do 1 de maio será o eixo central das feiras e festas

A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora un ano máis coas Feiras e Festas das Quendas, que se inauguran mañá en Mondoñedo e que teñen o 1 de maio como xornada central.

A área dirixida por Daniel García colabora coa Asociación As San Lucas, organizadora da feira, nas actividades ligadas á gandeiría, como a Gran Feira Tradicional de Gando Cabalar e Razas Autóctonas que comenzará ás 9.00 horas no Campo da Feira,  feira de gando tradicional, ao redor da que se articula a celebración, e na que participan gandeirías da comarca e doutros puntos de Galiza.

O recinto tamén acollerá unha exposición de razas autóctonas, con exemplares de porco celta, ovella e cabra galega, cabalos de Pura Raza Galega, Galiña de Mos e vacas de raza caldelá, cachena, frieiresa e limiá. Ademais, pola tarde, no recinto da granxa celebrarase un certame morfolóxico de Pura Raza Galega.

Daniel García felicitou á organización por “seguir impulsando unha feira  que visibiliza a tradición gandeira do concello e da Mariña interior e pon en valor o traballo dos criadores e criadoras de gando cabalar, fundamental na conservación do territorio” e valorou tamén “o protagonismo das razas autóctonas e dos certames de Pura Raza Galega, que espertan un gran interese en todos os lugares en que se veñen celebrando da man de Puraga”.

Os produtos de razas autóctonas tamén estarán presentes na feira, coa degustación decarne de porco celta e de poldro nos locais de hostalería. Ademais, haberá mercado de produtos tradicionais do campo e a XL Festa da Empanada.