Cultura
Deputación de Lugo
Emprego
Turismo

A Deputación de Lugo valora o apoio do Goberno de España á candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade

candidatura
patrimonio da humanidade
Así o manifestou a Voceira socialista do Goberno e Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, nunha reunión hoxe da Secretaria de Estado de Turismo no Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil con alcaldes e alcaldesas dos concellos que conforman este territorio, e as deputacións de Lugo e Ourense

Pilar García Porto subliñou que “dende a Deputación consideramos fundamental o apoio do Goberno do Estado polo impulso que supón para o proceso e para a propia resolución”

“Confiamos que a Xunta teña en conta a implicación de todas as administracións locais e do tecido social, pois será fundamental para acadar o éxito da proposta, dar unha maior proxección internacional e atraer máis visitantes”, subliñou a Deputada

A Deputación de Lugo valora o apoio do Goberno de España á candidatura da Ribeira Sacra para que sexa declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Así o manifestou a Voceira socialista do Goberno e Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, nunha reunión este venres no Parador de Santo Estevo de Ribas de Silda Secretaria de Estado de Turismo, Rosana Morillo, na que participaron alcaldes e alcaldesas dos concellos que conforman este territorio bañado polos ríos Cabe, Sil e Miño, ao sur de Lugo e norte de Ourense, así como as deputacións de Lugo e Ourense.

Ao acto tamén asistiu o Delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, e o Subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso. 

reunión

 

Pilar García Porto subliñou que “dende a Deputación consideramos fundamental o apoio do Goberno do Estado polo impulso que supón para o proceso e para a propia resolución”. Durante o encontro, reiterou as verbas manifestadas publicamente polo Presidente da Deputación,  José Tomé,  quen expresou o total respaldo e apoio da institución provincial para que a Ribeira Sacra reciba este prestixioso recoñecemento internacional. Así mesmo, lembrou a Voceira socialista do Goberno o impulso á candidatura, cando José Ramón Gómez Besteiro presidiu esta institución provincial, cunha campaña de mobilización institucional e social “coa que se recolleron máis de 40.000 firmas nun autobús que percorreu a xeografía galega e do resto de España”. 

 “Confiamos en que a Xunta de Galicia teña en conta tamén a implicación de todas as administracións locais e do tecido social”, pois esta colaboración conxunta “será fundamental para acadar o éxito da proposta e dar un impacto máis positivo, en termos turísticos cunha maior proxección internacional e de xeración de riqueza para o territorio”, salientou Pilar García Porto. Neste sendo, referiuse a  Deputada ao feito de que o Goberno galego “non contara cos concellos á hora de elaborar nin esta nin a anterior proposta, aínda que o importante é que saia adiante para compartir co mundo este enclave único e Reserva da Biosfera”.  

O Consello de Patrimonio Histórico adoptou o 5 de abril a decisión pola que a Paisaxe Cultural da Auga da Ribeira Sacra será a candidatura española a entrar no listado de Patrimonio da Humanidade da UNESCO. Todas as comunidades autónomas participaron na decisión. 

A candidatura foi elaborada cun enfoque que destaca como valor excepcional a relación entre o territorio e os seus habitantes. Presentarase ante o organismo internacional en febreiro de 2025 e a súa inclusión será discutida polo comité de avaliación da UNESCO en 2026.