Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

O Presidente ordena aos servizos técnicos da Deputación priorizar as tarefas necesarias para axilizar o proceso de apertura da residencia de Becerreá

Becerreá
centros de atención a maiores
Ante o inminente remate da construción e posta en marcha do Centro de Transformación Eléctrica, prevista por Naturgy para mediados de maio e estritamente necesario para dar por rematadas as obras do edificio, “anticipámonos para gañar tempo e celeridade nos trámites que quedan para a posta en marcha do centro”

No mesmo acordo, do que se lle dará traslado ao Concello de Becerreá, a Deputación tamén “demanda a colaboración das distintas administracións públicas para sacar adiante este proceso, sobre todo da Xunta de Galicia, que é a que ten as competencias en servizos sociais por Lei”, explicou o Deputado de Promoción Económica e Social

Ante o inminente remate da construción e posta en marcha do Centro de Transformación e o Centro de Seccionamento da residencia de Becerreá, prevista por Naturgy para mediados de maio e estritamente necesarios para dar por rematadas as obras do edificio, a Xunta de Goberno aprobou este venres unha proposta na que o Presidente, José Tomé Roca, ordena aos distintos servizos e unidades administrativas afectadas -nomeadamente a Secretaría Xeral, Asesoría Xurídica, Contratación e Fomento, Arquitectura, e Benestar Social e Igualdade- que prioricen as tarefas necesarias para axilizar o proceso de apertura do servizo.

Desta forma, tendo en conta o vindeiro remate efectivo da construción integral do edificio coa conexión eléctrica, explicou o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, “o que facemos dende a Deputación é anticiparnos para gañar tempo e celeridade nos trámites que quedan para abrir a residencia” coa orde expresa do Presidente de priorizar as tarefas necesarias.

Pablo Rivera subliñou que o Centro de Transformación Eléctrica, “como teño dito en tantas ocasións, non estaba previsto no proxecto inicial, polo que o que tivemos que asumir desde este Goberno provincial”. Trátase dunha instalación, remarcou, “que resulta estritamente necesaria para dar por rematadas as obras, pois é precisa para proporcionarlle á residencia o subministro eléctrico necesario e suficiente”.

No mesmo acordo, do que se lle dará traslado ao Concello de Becerreá, a Deputación tamén “demanda a colaboración das distintas administracións públicas para sacar adiante este proceso, sobre todo da Xunta de Galicia, que é a que ten as competencias en servizos sociais por Lei”, explicou o Deputado de Promoción Económica e Social.

“Este paso, tan relevante, que damos hoxe na Xunta de Goberno é unha mostra máis do compromiso firme e constante que temos na Deputación de Lugo cos veciños e veciñas de Becerreá para rematar a construción da residencia, dotala de equipamento e poñela a funcionar”, asegurou Pablo Rivera, quen lembrou que “este Goberno provincial abriu 6 residencias en só catro anos, e cunha pandemia como a da Covid polo medio”. “Creo que non hai unha proba máis clara, máis evidente, de que este Goberno traballa e de que cumpre as promesas dadas”, afirmou.