Deputación de Lugo
Medio ambiente

A Deputación de Lugo retoma a última xornada da Semana Micolóxica

Medio Ambiente
Imaxe deputación de lugo
Trátase dunha conferencia sobre a lexislación aplicable e boas prácticas na actividade micolóxica que é de acceso libre e gratuíto na páxina de YouTube dos Servizos Audiovisuais provinciais

A Deputación de Lugo difunde a conferencia Lexislación aplicable e boas prácticas na actividade micolóxica organizada dentro da Semana Micolóxica 2020, e que tivo que ser adiada en outubro polas restricións sanitarias debido á pandemia. 

Esta conferencia está xa dispoñible de maneira libre e gratuíta para todas as persoas interesadas na canle de YouTube dos Servizos Audiovisuais da Deputación de Lugo, ao igual que o resto de xornadas da Semana Micolóxica 2020, na ligazón.

No mes de outubro desenvolveuse no Salón de Actos do Pazo de San Marcos a Semana Micolóxica 2020, unha actividade gratuíta que organizou a Deputación de Lugo en colaboración coa Sociedade Micolóxica Lucus co obxectivo de dar a coñecer os recursos naturais da provincia e, ao mesmo tempo, poñer en valor a súa biodiversidade e riqueza micolóxica.

O programa incluía 10 horas de formación teórica a cargo de Julián Alonso Díaz, licenciado en Veterinaria, Doutor en Ciencias Biolóxicas e presidente da Sociedade Micolóxica Lucus. Celebráronse en horario de tarde de maneira presencial e simultaneamente o Servizo de Audiovisuais da Deputación retransmitiunas vía streaming a través da súa canle de YouTube. Participaron 55 persoas nestas actividades, que cumpriron os protocolos de seguridade establecidos polas autoridades sanitarias para a prevención da Covid-19.