Deputación de Lugo

O Presidente recibiu a unha trintena de alumnos do IES Sanxillao no Salón de Plenos

VISITAS
ALUMNADO
presidente
José Tomé Roca

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, recibiu esta mañá a unha trintena de alumnos de 4º da ESO do IES Sanxillao, de Lugo, no Salón de Plenos. Os estudantes, que están a coñecer o funcionamento das diferentes administracións, preguntáronlle a Tomé polo traballo da institución provincial. Tralo encontro, entrega de agasallos e a foto de familia, o alumnado percorreu as diferentes dependencias do Pazo de San Marcos nunha visita que tamén contou coa presenza do deputado Efrén Castro.