Deputación de Lugo
Formación

O Presidente entrega diplomas a máisde 30 traballadores provinciais que acudiron a douscursos de formación continuasobre e-administración e cooperación

José Tomé Roca
Formación
Entrega diplomas

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, e a Deputada de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Ana González Abelleira, entregaron este xoves no Salón de Actos de San Marcos os diplomas acreditativos de participación aos máis de trinta traballadores e traballadoras provinciais que fixerondous cursosonline incluídos no Plan Agrupado de Formación Continua que organiza a institución lucense para os empregados públicos da provincia co fin de mellorar o funcionamento das administracións e a atención á cidadanía. Os cursos dos que o Presidente e a Deputada de Formación entregaron os diplomas son Administración Electrónica local ante as leis de procedemento administrativo, réxime xurídico e transparencia e Relacións Interadministrativas e acción pública colaborativa. A Cooperación dos poderes locais. Convenios e técnicas de cooperación.