Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

A campioa Teresa Barreira recibe os parabéns do Goberno Provincial

Deportes
Duatlón
Recepción Teresa Barreira
Campos Conde recibiu, este luns, a atleta Teresa Barreira Salgado no pazo de San Marcos, nun acto de recoñecemento dos seus últimos logros no Mundial 2019 ITU World Triathlon Multisport Championships

Campos Conde sinalou que “é un pracer recibir a esta campioa de duatlón, demostrando que con esforzo e sacrificio pódese chegar a alcanzar grandes retos. Unha veciña que leva o nome da provincia por todo o país e por todo o mundo.”

Teresa Barreira ademais de campioa do mundo en duatlón estándar, é 3 veces campioa de España en BTT e 2 veces campioa de Europa en BTT en ultramaratón

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, recibiu este luns a atleta Teresa Barreira Salgado no pazo de San Marcos, nun acto de recoñecemento dos seus últimos logros no Mundial 2019 ITU World Triathlon Multisport Championships disputado en Pontevedra. Nesta competición a atleta da Pontenova conseguiu outro brillante triunfo ao proclamarse campioa do mundo (G40.44) de duatlón en distancia estándar.

A duatleta mariñá recorreu a distancia da proba (10 quilómetros a pé, 40 quilómetros en bicicleta e outros 5 quilómetros a pé) nun tempo récord, por diante de grandes corredoras internacionais. Gañou no grupo 40-44 anos, foi 3ª da clasificación absoluta, con 3 minutos de vantaxe respecto á segunda na súa categoría.

Campos Conde sinalou que “é un pracer recibir a esta campioa de duatlón, demostrando que con esforzo e sacrificio pódese chegar a alcanzar grandes retos. Unha veciña que leva o nome da provincia por todo o país e por todo o mundo.”

Teresa Barreira ademais de campioa do mundo en duatlón estándar, é 3 veces campioa de España en BTT (no 2018 en Logrosán (Cáceres), no 2017 en Alhaurín de la Torre (Málaga) en Aviá (Barcelona) no 2016), e 2 veces campioa de Europa en BTT en ultramaratón, a deportista no 2018 lograba por segunda vez o seu título nunha carreira disputada no Val d’Aran coa participación de corredores de máis de 13 países e afrontando 213 quilómetros de distancia, Teresa repetía titulo nunha das carreiras máis difíciles do mundo. En marzo deste ano conseguiu o seu primeiro título como campioa de España en BTT en ultramaratón.

Teresa Barreira comentou que é a primeira vez que a reciben institucionalmente, para ela esta actividade representa máis unha afección que un traballo aínda que recoñece que os triunfos que acadou son semi profesionais. Este logro supuxo un broche final a esta etapa e agora pretende tomarse con máis calma as competicións.