Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

Os montes do Xistral volven ser protagonistas na IX edición do Trail das Bestas, que conta con 500 persoas inscritas

TRAIL DAS BESTAS
Muras
Presentación da proba
A carreira terá lugar este domingo, 8 de novembro e este ano conta con 5 modalidades: Maratón, Trail Classic, Trail Curto, Mini Trail e Andaina

Lugo, 5 de novembro de 2026.- Muras acollerá o vindeiro domingo -8 de novembro - a novena edición do Trail das Bestas, organizado polo Concello de Muras coa colaboración da Vicpresidencia da Deputación de Lugo.

Medio milleiro de persoas incribíronse para participar na proba que, nesta edición, suma unha nova modalidade de participacin, un Mini Trail, de
8 quilómetros e un desnivel de 350 metros, que serve como primeiro contacto con este deporte. Poderase participar nesta modalidade a partir dos 14 anos.

As outras modalidades de participación son: Maratón, de 43 quilómetros e 2.100 metros de desnivel, o Trail Classic, de 27 quilómetros con 1.400 metros de desnivel, Trail Curto, de 12 quilómetros e 700 de desnivel, e a Andaina, de 8 quilómtros de 350 metros de desnivel.

O deputado de Rural Daniel García e o alcalde de Muras presentaron a proba xunto a representantes da organización e da Federación Galega de Atletismo na área recreativa da Veiga, punto de saída das probas.

Daniel García apuntou que “este trail celébrase nunha zona natural de gran valor, unindo o deporte e a contorna, e poñendo en valor as diferentes paisaxes do Concello de Muras e as súas posibilidades deportivas, turísticas e ambientais”.

O alcalde, Manuel Requeijo, mostrouse “moi contento de que unha proba nun concello rural teña tan boa acollida”; ademais, explicou que “o Trail das Bestas foi nomeado mellor trail de Galicia pola Federación Galega de Atletismo e desde o Concello sempre quixemos ligar Muras con valores positivos como os que representa o deporte”.

Ademais, o Trail das Bestas forma parte das probas Serie Ouro, polo que outorga un coeficiente de ×5 puntos nos rankings federativos correspondentes, tanto no ranking individual como no ranking de clubs nos casos nos que resulte de aplicación. Esta puntuación é independente das clasificacións, categorías e premios propios do Trail das Bestas.