Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

Taboada acollerá este venres un tunel do viño, que amosará o patrimonio vitivinícola da provincia

ASOCIACIÓN GALEGA DE VITICULTURA
tunel do viño
Taboada
cartaz da actividade

Lugo, 4 de  novembro de 2026.-   Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da provincia, organizada pola Asociación Galega de Viticultura e a Fruga coa colaboración da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello de Taboada.

 A xornada artellarase a redor dun túnel do viño, no que se amosará a diversidade de viños tintos producidos na provincia da man do sumiller Martiño Santos e do adegueiro Roberto Regal. O túnel contará cun total de 15 viños, na súa maioría, producións ampradas pola DO Ribeira Sacra e pola IXP Terras do Navia.

 A xornada, que terá lugar na Casa da Cultura da Taboada, comezará ás 17.30 horas. A asistencia é gratuíta.  Trátase da segunda xornada organizada no marco desta iniciativa de divulgación do patrimonio vitivinícola da provincia, tras a organizada o pasado mes de outubro en Barreiros.