Dá comezo a 30 edición de Artesanfroilán da Vicepresidencia da Deputación
Lugo, 3 de outubro de 2026.- O vicepresidente da Deputación e Deputado de Artesanía e Deseño, Efrén Castro, inaugurou, xunto coa deputada de Cultura Iria Castro, a trixésima edición de Artesanfroilán, que se celebrara, como vén sendo habitual, na praza Anxo Ferández Gómez -detrás do concello- ata o día 12 de outubro, abrindo en horario de 11 a 14 horas e de 17 a 21 horas.
O Vicepresidente referiuse a feira como “unha das citas máis tradicionais do programa das festas de Lugo” sinalando que “a Deputación leva 30 anos poñendo en valor o traballo dos artesáns como forma de manter os oficios tradicionais e de xerar riqueza, dándolles visibilidade nunhas datas tan importantes como son as do San Froilán”.
Nesta ocasión a feira contará con 18 postos, que van desde a cerámica ata os xogos tradicionais de madeira, pasando por complementos e bisutería, marroquinería, amigurimis ou creación textil.
Obradoiros e artesáns participantes
NOVA
A artesá Adriana Romaní Posse é titular deste taller de marroquinería no cal se traballa con curtido vexetal ecolóxico mediante diferentes técnicas como o repuxado contemporáneco, grabado, cosido de guarnicionero e , especialmente, o “ahormado “ do coiro.
REGAL CERÁMICA - CERAMISTA
A traxectoria deste obradoiro é un exemplo do papel vertebrador da Artesanía de Galicia, e a importancia do sector artesán na dinamización cultural e económica. Logo desta ampla traxectoria Regal Cerámica logrou un gran recoñecemento que lle permite vender as súas pezas en tendas especializadas e galerías de toda España, parte de Europa, América e Asia.
BOLBORETAS DE COIRO
Baixo a impronta deste obradoiro artesán atópase a artesá Mercedes Buján Paredes que comezou no mundo do coiro de xeito autodidacta no ano 2007.
O traballo do coiro realizado dende este obradoiro tradúcese nun amplo rango de produtos que van dende a elaboración de complementos a produtos de papelería e escritorio e algúns pequenos elementos decorativos como xarróns con flores ou as bolboretas.
TRES CARACOLES
Proxecto unipersoal que xurdiu ano 2012. O aspecto máis destacable deste obradoiro é o seu estilo diferencial baseado en diseños minimalistas, debuxos conceptuais , un poderoso uso da cor e nunha materia prima de calidade. Elaboración de pezas aplicando técnicas tradicionalmente vinculadas a outro tipo de artes como a pintura ou o modelado. A través da participación en eventos internacionais as pezas de Tres Caracoles exhibironse por parte de Europa, América e Asia.
ENXÓGATE
Como gran afecionado ós xogos tradicionais e de inxenio, o artesán Antonio Fernández Vicente en xuño de 2013 decide crear en Quiroga o seu propio taller baixo o nome de “Enxógate” coa finalidade de investigar e fabricar xogos e xoguetes. Mediante este proxecto, preténdese mellorar as capacidades humanas mediante o emprego da destreza, o inxenio e a lóxica.
VIDAL REVILLA
Vidal Revilla Villegas comeza a súa actividade profesional no traballo artesán do coiro de forma autodidacta no ano 1985. Traballa el só no seu taller, no que realiza todo o proceso a man; investiga o oficio tradicional e trata de recuperar procedementos que están a piques de perderse.
IRIA PIGUEIRAS
Orixinal proxecto de complementos artesanais nos que a artesá Iria Pigueiras Vilar plasma a súa visión persoal do que a rodea e nos que da forma ao que imaxina, baseando a súa artesanía nas formas da natureza, con orixinalidade e un marcado carácter propio que transmite nas súas creacións, principalmente complementos artesanais de bixutería. Un traballo artesanal no que mestura o modelado de arxila polimérica con diferentes técnicas de transferencia, caligráficas ou decoración con pintura pasando pola combinación de elementos naturais e textiles.
FONTE MEIMIL
A mindoniense Esther Díaz Vidal coa súa marca Fonte Meimil ven desenvolvendo dende o ano 2007 un importante traballo de creación e producción propia no eido do coiro realizado de forma totalmente artesanal. É a propia artesá a encargada do deseño e da elaboración dos produtos de xeito totalmente artesanal empregando pel de tenreira de curtido vexetal e sempre confeccionando artigos funcionais que van dende bolsos ata carteiras , pasando por axendas , espellos, chaveiros, pendentes… aínda que o produto máis característico sexan os torques de coiro.
AMIGURUMIS JANO
Alejandro García Lourés é o artesán que se atopa baixo a marca Amigurumis Jano.Neste obradorio o público poderá atopar bonecos de ganchillo feitos á man. Personaxes de anime e outras creacións propias feitas con lá sobre a tradición cultural e musical de Galicia. A través dos seus bonecos, Jano recrea personaxes de ficción,músicos, animais aínda que unha das súas especialidades é crear bonecos de xente real.
PATAPÚM
Baixo este proxecto artístico de máis de vinte anos sempre ao redor da pintura sobre difererntes soportes está o artesán Ramiro Rodríguez Domingo. Actualmente centra a su producción na creación de roupa de algodón e liño. Prendas deseñadas e feitas con materias que priorizan o orgánico , e para as que utiliza tintes directos sen reactivos químicos. Roupa pintada con pincel, organizada en pequenas coleccións de pezas únicas.
CENIZA DE PAPEL
Este obradoiro artesán liderado dende decembro de 2019 pola artesá María Josefa Sáchez Castedo xurdiu coa finalidade da búsqueda de formas de transportar imaxes de fotografía analóxica experimental obtida con medios básicos a un soporte perdurable como a cerámica. Para acadar una boa calidade fotográfica este obradoiro artesán utilíza un sistema baseado na sustitución do tóner convencional por cerámica e na utilización de medios de impresión específicos, que logo se trasladan as pezas creadas caracterizadas por cores suaves, formas clásicas e funcionais e cun uso utilitario.
MARGA PORTOMEÑE/PORTOMEÑEKOS
Taller artesán encabezado pola artesá Margarita Portomeñe Pérez especializado na creación, deseño, restauración e mantemento da imaxinería festiva popular, aplicando as técnicas tradicionais dos artistas falleros, tanto na restauración de pezas como na creación de novas obras e empregando como material principal o cartón pedra. En concreto, cómpre salientar a restauración e construción de cabezudos e xigantes. incluíndo o diseño e confección do vestiario .
LA BELLOTA MÁGICA
Inmaculada Díaz Cabado é a responsable do Taller La Bellota Mágica inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia en 2016 pero cunha ampla traxectoria anterior no eido da cerámica. O catálogo de produtos á venda é moi amplo, pero todos eles destacan pola forte presenza da cor e a fantasía. Cada peza é realizada a man con distintas técnicas de modelado e escultura combinadas co torno oleiro e empregando como materias arxilas de alta temperatura combinadas, en ocasións, con materias recilados como a madeira refugada.
CUNQUEIRO
Este obradoiro artesán situado en Palas de Rei está rexido polo artesán Hussein Aali- Taleb. A pesares da súa xuventude, Hussein é xa un torneiro plenamente consolidado que ofrece un amplo abanico de produtos nos que destaca a importancia da madeira empregada, sempre autóctana, especialmente con bidueiro, fresno e carballo, aserrada en taboleiros e secada ó aire libre sen ningún tipo de tratamento químico.
METEORA HANDMADE.
Meteora Handmade é unha marca de artesanía téxtil e complementos feitos a man fundada en Lugo por Miriam Nanín. O seu concepto e filosofía é o da artesanía consciente e sostible, apostando por un modelo de produción ética lonxe do consumo masivo (fast fashion), elaborando cada peza a man en pequenas tiradas ou unidades únicas no seu obradoiro de Lugo e sendo a reutilización e orixinalidade unha das súas liñas máis características así como a recuperación e revalorización de tecidos especiais (como teas de traxe de fallera ou tecidos vintage e descatalogados) para darlle unha segunda vida en forma de accesorios modernos e cheos de historia.
MIMACUIR.
Sonia Argiz é a artesá fundadora e creadora do obradoiro de marroquinería e artesanía en coiro Mimacuir. Unha das súas principais sinais de identidade é o emprego de coiros de orixe vexetal. Trátase dos materiais máis ecolóxicos, delicados de traballar a man pero que ofrecen acabados de alta calidade e unha pátina única co uso. Todo o proceso (corte, tintura, biselado e ensamblado) faise no seu obradoiro, destaca polo uso da costura a dúas agullas (punzada de guarnicioneiro) con fío encerado, o que garante a máxima durabilidade nas súas pezas.
DALENDA
O traballo de Carmen Pardo Fernández baixo a súa marca Dalenda centrase no deseño e a elaboración manual de xoiería de autor contemporánea, combinando técnicas tradicionais de orfebrería con acabados modernos. Deseño e concepto: Inspiración orgánica e natural: As súas pezas destacan por formas fluídas e liñas suaves que lembran elementos da natureza (follas, texturas vexetais, liñas auga) e formas xeométricas estilizadas.
BELITROQUE
Belitroque é unha marca galega de moda sostible e artesanía con sede en Lugo, capitaneada por Ángela Gandoy. O proxecto céntrase no upcycling (reciclaxe creativa), confeccionando bolsos, mochilas e complementos únicos e irrepetibles a partir de roupas de segunda man e tecidos recuperados.