A Vicepresidencia da Deputación colabora cunhas xornadas formativas para afrontar os retos da crise climática nas ganderías de leite ecolóxico
Lugo, 1 de outubro de 2026.- A Área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación colabora coa Asociación de Produtores de Leite Ecolóxico de Galicia na celebración dunhas xornadas formativas que terán lugar o vindeiro xoves, 15 de outubro, sobre os retos que achega o cambio climático ás granxas.
O deputado de Medio Rural, Daniel Gardía, explicou que “é necesario axudar ás ganderías a adaptarse a crise climática que traerá episodios de seca cada vez máis frecuentes e periodos máis prolongados de calor. Isto reduce o rendemento das plantacións destinadas a forraxe, obrigando a mercar máis cantidades, o que merma as marxes debeneficios”. Remarcou, ademais que “as institucións temos que tomar a iniciativa e crear estratexias estables de innovación no sector primario, e non actuar, unicamente, en situacións de emerxencia, sostendo así a viabilidade das explotacións”.
A xornada contará con dúas ponencias: a primeira centrarase en cultivos alternativos para a alimentación animal, que se adapten mellor a nova situación climática, mentres que a segunda terá como eixo a necesidade de manter as explitacións actualizadas.
Programa e inscripcións
As xornadas terán carácter gratuíto e será precisa a inscripción previa, que poderá formalizarse a través do correo electrónico aplegalicia@gmail.com ou no teléfono 698956453. Terán preferencia as explotacións ecolóxicas asociadas e completarase por orde de inscrición. Terán lugar no local da consultoría Agronovo Ecoloxía, no Camiño Real 72-74, entrechán.
Xoves 15 de outubro. A partir das 11.30 horas | Agronovo Ecoloxía
- Alternativas aos cultivos tradicionais de inverno e verán en Galicia.
Imparte Juan Valladares Alonso. Tecnólogo de cultivos (CIAM)
- Claves para manter a túa explotación ao día.
Imparte Agronovo Ecoloxía