Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

As motos e coches clásicos volven a Lourenzá pola Festa da Faba, co apoio da Vicepresidencia da Deputación

Lourenzá
Festa da Faba
Presentación do “Vespafaba and Clásicos Lourenzá”

Lugo,  29 de setembro de 2026.-   O deputado Daniel García participou na presentación do “Vespafaba and Clásicos Lourenzá”, que se celebra a vindeira fin de semana – 3 e 4 de outubro – no marco da Festa da Faba.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora un ano máis coa organización deste evento, que se afianzou no programa da festa gastronómica laurentina contribuíndo a dinamizar as rúas da vila coa presenza de ducias de coches e motos antigas chegadas desde distintos puntos de Galiza.

No acto,  no que tamén participaron a alcaldesa Rocio López, e Antonio Irimia e Borja Torrente, do club “Vespafaba & Clásicos Lourenzá LU", Daniel García destacou “a traxectoria da organización, que integrou as motos e os clásicos clásicos entre as imaxes icónicas da Festa da Faba” e destacou a importancia de “que os colectivos da vila sumen á programación dun evento que promociona a Faba de Lourenzá”

O sábado -3 de outubro – o protagonismo será para as motos cunha xuntanza de scooters e motos clásicas. O domingo -4 de outubro – haberá unha ruta de coches clásicos, que partirá do centro da vila.