Deputación de Lugo

A Deputación felicita á nova promoción de graduados e graduadas en Veterinaria do Campus Terra

Facultade de Veterinaria
USC

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo RiveraCapón, participou este sábado no acto de graduación da promoción 2021-2026 de graduados e graduadas en Veterinaria do Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela. No evento, que tivo lugar no Auditorio da Facultade, o Deputado Provincial aproveitou a súa intervención para felicitar aos estudantes polo esforzo e a dedicación ao longo destes anos de formación e convidounos a “afrontar con ilusión a nota etapa profesional”. Nese sentido, Rivera Capón tamén puxo en valor a excelencia da Facultade de Veterinaria e do Campus Terra como “referentes na formación e na investigación”.