Deputación de Lugo

Miguel Fernández felicita ao alumnado que se gradúa na Politécnica e reivindica o talento como motor do futuro da provincia

O Deputado Miguel Fernández felicitou este sábado ao alumnado que se gradúa, na Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC, dos graos de Enxeñería Agrícola e Agroalimentaria, Enxeñaría Forestal e do Medio Natural e Enxeñaría Civil. Na súa intervención, o Deputado destacou que “o maior patrimonio dunha provincia é o talento da súa xente”, subliñando o compromiso da Deputación de Lugo coa Universidade e co impulso de iniciativas que favorezan a innovación, a investigación e a creación de oportunidades para que a mocidade poida desenvolver o seu proxecto profesional no territorio lucense. “A provincia confía en vós”, concluíu animando ao alumnado a contribuír co seu coñecemento ao desenvolvemento sostible e ao futuro de Lugo.