A Deputación garda un minuto de silencio en memoria das vítimas dos lumes forestais dos Gallardos
A Corporación provincial e persoal da Deputación de Lugo gardaron este venres, diante do Pazo de San Marcos, un minuto de silencio en memoria das vítimas do grave incendio forestal rexistrado na localidade almeriense dos Gallardos. Secundando a convocatoria realizada pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), a institución provincial quixo expresar a súa solidariedade e o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que, segundo o último balance, deixou xa 12 vítimas mortais e 19 desaparecidos.