Deputación de Lugo

Diversidade, inclusión e música protagonizan unha nova edición do Agrocuir que impulsa a Deputación

Pilar García Porto
AGROCUIR DA ULLOA

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, asistiu este venres a undécima edición do Festival Agrocuir da Ulloa, a cita que se está a celebrar ata este sábado en Monterroso e que conta cunha colaboración da institución provincial de 8.000€. García Porto agradeceu o traballo da Asociación Agrocuir da Ulloa e recordou que a Deputación “apoia esta iniciativa desde que se puxo en marcha” e fixo especial fincapé en que “o Agrocuir é un exemplo de como a cultura, a diversidade e a inclusión poden ser tamén ferramentas para dinamizar e reivindicar o rural”.

O Festival rematará mañá sábado e a programación inclúe obradoiros de baile tradicional galego; faladoiros; xantar popular; ou xogos para os máis cativos, entre outras moitas propostas.