A Deputación apoia a Feira de Oportunidades de Chantada que promove o comercio local
A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, asistiu este sábado á XVII Feira de Oportunidades de Chantada. A cita celébrase ao longo de todo o día na carpa instalada pola Asociación de Empresarios e o Centro Comercial Aberto (CCA) Ribeira Sacra no centro urbano do municipio. “Vimos a esta cita chantadina porque promove o comercio e serve como motor de dinamización económica, cultural e social para Chantada e para toda a comarca”, subliñou a Deputada, quen engadiu que a Feira de Oportunidades supón “un impulso ao comercio de Chantada, permitindo aos negocios do municipio dar saída ao seu stock e atraer novos clientes”.