O Vello Cárcere de Lugo acolleu á lectura de finalistas aos Premios Mestre Mateo, cos filmes Antes de Nós, Sirat e As liñas descontínuas entre as producións con máis candidaturas
O Vello Cárcere de Lugo acolleu esta mañá a lectura da lista de finalistas do XXIV Premios Mestre Mateo, que outorga a Academia Galega do Audiosivual e este ano se entregarán por primeira vez en Lugo na gala que se celebrará o 21 de marzo no Auditorio Fuxan Os Ventos coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e da área de Cultura do Concello de Lugo.
A deputada de Cultura Iria Castro, o vicepresidente da Deputación Efrén Castro e o tenente alcalde de Lugo Rubén Arroxo participaron no acto no que o comunicador Juan Fuentes e actriz Andrea Varela desvelaron as candidaturas finalistas aos 25 premios que reparte a academia ás mellores obras e creadoras do audiovisual galego.
Iria Castro destacou que “unha das cousas que máis nos apetece máis abrir, non só a gala, senón todo o proceso á cidade e á provincia, con actos abertos coma este”, que reunuiu no público familiares e alumnado do Grao de Xestión Cultural da USC
A responsabel provincial deu “os parabens a todas as persoas que participan no audivosual galego, nominadas ou non entre os finalistas. É fundamental ter un sector audiovisual forte, ter unha Academia Galega do Audiovisual e poder organizar actos como estes ou a gala do 21 de marzo, que estamos orgullosísimas de acoller en Lugo”.
O tenente alcalde Rubén Arroxo agredeceu á Academia Galega do Audiovisual ter elixido Lugo, que vai ser nestas semanas capital do audiovisual galego” e convidou á veciñanza “a participar nas actividades previstas para as vindeiras semanas, nas que se poñerá en valor todo o trablallo, toda a canteira, do noso audiovisual, que cada vez ten máis visibilidade”
Os filmes Antes de nós, Sirāt e As liñas descontinuas suman 40 das candidaturas finalistas desta edición. A longametraxe Antes de nós, arredor da figura de Castelao, é a produción máis votada polas académicas e académicos, con 18 candidaturas, comezando pola de Mellor longametraxe, que comparte con As liñas descontinuas, Sirāt e San Simón.
Xunto ao anuncio de finalistas, que pode consultarse na web da Academia Galega do Audiovisual, anunciouse que a actriz Trisha Fernández e o cómico Federico Pérez serán os encargados de presentar a gala que terá lugar o día 21 de marzo en Lugo e a realizadora Marta Arévalo dirixirá o espectáculo.
Como asistir ás actividades relacionadas cos Premios Mestre Mateo
Todas as actividades organizadas pola Academia Galega do Audiovisual incluidas na programación dos XXIV Premios Mestre Mateo son de acceso gratuíto ata completar aforo. Para asegurar praza, as persoas interesadas poden escribir un correo electrónico a actividades@academiagalegadoaudiovisual.gal ou chamar por teléfono á Academia Galega do Audiovisual (+34 633 24 56 39), indicando a actividade ou actividades ás que desexan asistir, que poden consultar na súa web.