Deputación de Lugo

Carmela López visita ao persoal dos diferentes servizos da Deputación en San Marcos, na Granxa Gayoso e no Parque Móbil

Carmela Lopez
A Presidenta comezou esta mañá o seu percorrido polas instalacións provinciais para coñecer de primeira man as necesidades das diferentes áreas da institución e continuará a ruta polo resto de dependencias nos próximos días

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, visitou este martes ao persoal dos diferentes servizos da institución provincial. Ao longo de toda a maña, percorreu as instalacións do Pazo de San Marcos, a Granxa Gayoso Castro e o Parque Móbil para coñecer de primeira man as necesidades das diferentes áreas e aos traballadores e traballadoras da institución provincial. Carmela López continuará a ruta polo resto de dependencias nos próximos días.

Comezou o percorrido nos garaxes de San Marcos, onde se presentou aos condutores do Parque Móbil. Na planta baixa fixo unha visita a diferentes servizos como Reprografía, Tesouraría, Intervención, Protocolo ou Rexistro. Seguiu pola área de Recursos Humanos acompañada pola Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto;  e coñeceu os servizos de Inventario, Patrimonio, Arquitectura e urbanismo. 

Continuou a visita por Secretaría, Actas, Contratación e Fomento. E aproveitou tamén a Presidenta para coñecer o funcionamento das áreas de Promoción Económica e Social, da man do Deputado Pablo Rivera; e Muller e Igualdade coa Deputada responsable, Marisol Morandeira. Visitou tamén os servizos de Prevención e Comunicación. Acompañada polo Vicepresidente, Efrén Castro, e os deputados Iria Castro e Daniel García percorreu tamén as áreas de Medio Rural, Cultura e Deporte. Visitou ademais Turismo, Participación Cidadá, onde a acompañou o Deputado Iván Castro, e o servizo de Novas Tecnoloxías, Innovación, o Boletín Oficial da Provincia, a Unidade de Proxectos e o Consorcio de Bombeiros.

Cara o mediodía, Carmela López coñeceu tamén ao persoal da Granxa Gayoso Castro e coñeceu os diferentes servizos que se desenvolven nestas instalacións da Deputación situadas en Castro Riberas de Lea. A continuación coñeceu as instalacións do Parque Móbil en Garabolos.