A Deputación asiste en Lugo á Gala benéfica do conservatorio de danza a favor da AECC
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira Morandeira, asistiu este mércores á Gala anual a favor da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) organizada polo Conservatorio Profesional de Danza de Lugo. A cuarta edición desta cita, que tivo lugar no Auditorio Municipal Gustavo Freire, incluíu actuacións de alumnos de segundo a sexto curso de Grao Profesional, tanto da especialidade de danza clásica como contemporánea. A recadación destinarase integramente a esta organización sen ánimo de lucro formada por pacientes, familiares, voluntarios e colaboradores.