A Presidenta felicita aos galardoados cos premios Idea Lugo que recoñecen o talento da provincia
A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, participou este mércores no acto de entrega da undécima edición dos Premios Idea Lugo, o galardón que organiza o Grupo El Progreso en colaboración con ABANCA, a Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación CEL. Este ano o premio concedeuse ao proxecto Lucus-AI, unha iniciativa creada por tres profesores universitarios que emprega a tecnoloxía para a detección temperá do deterioro cognitivo e a demencia. Así mesmo, o xurado concedeu un accésit á aplicación Lu Lines, que conecta turistas con máis de 80 bodegas da Ribeira Sacra e na que tamén se inclúen outros servizos como rutas personalizadas con intelixencia artificial ou unha plataforma de comercialización online de produtos.