Deputación de Lugo

A Deputación acompaña ao Alcalde no arranque da Feira de Antigüidades e Artesanía da Pontenova

 

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, xunto ao Alcalde da Pontenova, Darío Campos, asistiu este venres á inauguración da Feira de Antigüidades e Artesanía da Pontenova, que encherá nesta ponte da Constitución a Praza dos Fornos de 59 expositores entre anticuarios e artesáns. Carlos López destacou que esta feira é un gran exemplo de como a tradición, a creatividade e o desenvolvemento local son unha boa combinación para dinamizar a economía e poñer en valor o noso patrimonio, ao mesmo tempo que serve de escaparate para os nosos artesáns e creadores”. Ao longo da fin de semana haberá demostracións en directo de distintos oficios artesáns, así como a exposición fotográfica O Legado das Minas, polo 125 aniversario da Sociedade Mineira Vilaodriz. A feira estará aberta ata o domingo, en horario de mañá e tarde, e agárdase unha gran afluencia de visitantes.