Deputación de Lugo

O Courel celebra a tradicional XXXVI Festa da castaña co respaldo da Deputación

Montañas do Courel
Seoane do Courel

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, asistiu este sábado en Seoane do Courel á celebración da tradicional Festa da castaña, que este ano cumpre a trixésima sexta edición. A cita, que por primeira vez se conmemora durante dous días, conta co apoio da institución provincial que colabora realizando unha achega económica de algo máis de 5.000 euros. O sábado, a xornada comezou co pregón, a cargo do cociñeiro Martín Mantilla, e posteriormente, tivo lugar a entrega de trofeos do VI Concurso de tapas Castaña do Courel. Os visitantes e veciños desfrutaron tamén da degustación gratuíta deste produto, así como de diferentes actuacións musicais e postos de venta de produtos locais e artesanía.