Deputación de Lugo

A Deputación reclama máis capacidade de transformación da madeira en Lugo para xerar emprego e valor engadido

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, participou este venres na clausura da Asemblea Extraordinaria da Asociación Provincial de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira de Lugo, Lugomadera, que tivo lugar no Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia da capital lucense.

Pablo Rivera destacou que Lugo é líder en corta de madeira, pero “oxalá tivéramos tamén máis capacidade de transformación, para que o valor engadido quede aquí, nas nosas comarcas, xerando máis emprego, máis innovación e máis futuro”. Neste senso, reclamou o Deputado “unha aposta real polo sector forestal galego, que lle dea un xiro de 180 graos á falla de planificación que vimos sufrindo durante anos e que garanta que este tecido produtivo, esencial para a economía e o emprego de Galicia, se manteña vivo, forte e competitivo”.