A Deputación dá a benvida aos profesionais que participan nas XIII Xornadas de avogados e avogadas contra a violencia de xénero

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, deu a benvida este mércores aosparticipantes das XIII Xornadas de avogados e avogadas contra a violencia de xénero que se celebran na capital lucense o 23 e o 24 de outubro. Nestas dúas sesións, organizadas polo Consello Xeral de Avogacía Española en colaboración co Colexio de Avogados de Lugo, abordaranse cuestións como: os principais retos en defensa das vítimas de violencia de xénero; a violencia económica ou a asistencia letrada a vítimas de delito sexual, entre outras temáticas.
A este primeiro encontro, que tivo lugar no Salón Rexio do Círculo das Artes, tamén asistiu o presidente do Consello Xeral da Avogacía Española, Salvador González Martín, e o decano do Colexio de Avogados de Lugo, José Félix Mondelo Santos, entre outras autoridades.