Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación agradece o labor do Intendente Xefe da Policía Local de Lugo, Jesús Piñeiro

José Tomé Roca

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, recibiu este martes no Pazo de San Marcos ao Intendente Xefe da Policía Local de Lugo, Jesús Piñeiro, que deixa o seu cargo con motivo da súa xubilación. No encontro, Tomé Roca expresoulle o agradecemento e consideración polo traballo que desenvolveu durante a súa traxectoria profesional e desexoulle moita sorte na súa nova etapa vital que agora inicia.