A Deputación asiste á clausura da primeira Convención de Campomayor, que reuniu en Lugo a 300 profesionais

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, asistiu este venres en Lugo á clausura da primeira Convención de Campomayor, que reuniu no Auditorio Fuxan os Ventos a 300 participantes, entreclientes, provedores, distribuidores e colaboradores da compañía. A Deputada puxo de relevancia que eventos como este son fundamentais “para fortalecer o tecido empresarial da provincia de Lugo, fomentar a colaboración entre os distintos axentes do sector e situar o noso territorio como un referente de innovación e excelencia empresarial a nivel nacional e internacional”.