Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo exalta os viños da Ribeira Sacra na IV Festa da Vendima do Saviñao

ivan castro díaz
vendima
O Saviñao

O Deputado de Participación Cidadá, Iván Castro Díaz, asistiu este domingo á IV Festa da
Vendima do Saviñao. Castro Díaz estivo presente no pregón deste evento gastronómico que
correu a cargo Martín Alemparte Vidal, Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria
(AGACAL). A xornada tamén contou coa actuación do violinista Marcos Valcárcel, a bendición
de uvas e campos e a pisa oficial das uvas.


Na cita estiveron presentes stands de adegas, así como postos de artesanía e gastronomía,
permitindo aos visitantes desfrutar dunha completa xornada de cultura, tradición e viños da
Ribeira Sacra.