Deputación de Lugo

O Trece Roeis Fest consolida o seu éxito no panorama musical da provincia grazas ao patrocinio da Deputación

Trece Roeis Fest
Pilar García Porto
Presentación do Trece Roeis Fest na Deputación
A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, presentou este martes nos xardíns do Pazo de San Marcos máis detalles desta cita que terá lugar o 20 e 21 de xuño no concello de Pantón

García Porto avanzou que “esta proposta cultural feita con talento e compromiso, nace da iniciativa da xente nova e medra ano tras ano grazas á súa ilusión, ao seu traballo e á súa crenza no potencial do rural”


A maiores das actuacións musicais, a programación tamén inclúe outras actividades como: unha cata sensorial da man do Presidente da Asociación Galega de Enoloxía, David Pascual, a presentación literaria O leo de matamá, degustacións e un obradoiro infantil de estampado floral

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este martes nos xardíns do Pazo de San Marcos na rolda de prensa que serviu para dar a coñecer máis detalles da programación do Trece Roeis Fest, a cita musical que terá lugar o 20 e 21 de xuño en Pantón e que conta co patrocinio da institución provincial. A este acto tamén asistiu a Deputada de Cultura, Patrimonio Histórico, Artístico e Normalización Lingüística, Iria Castro Fernández, o Alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, e membros da Asociación do 13 Roeis Fest. 

García Porto agradeceu o esforzo “das persoas que están detrás deste proxecto que representa á perfección o espírito do que queremos para a nosa provincia: un territorio vivo, dinámico, orgulloso da súa identidade e con futuro. Esta proposta cultural feita con talento e compromiso, nace da iniciativa da xente nova e medra ano tras ano grazas á súa ilusión, ao seu traballo e á súa crenza no potencial do rural”. 

“Este evento aposta pola música galega e pola diversidade de estilos, con artistas como Sés, Dakidarría, Sínkope ou Caamaño & Ameixeiras, pero tamén é un espazo para a convivencia e para o encontro entre xeracións, con actividades pensadas para todas as idades”. 

A Deputada tamén destacou que “colaboramos desde a área de Turismo cunha achega de máis de 7.000€, porque estamos convencidas de que apoiar iniciativas coma esta é apostar pola cultura, polo turismo sostible, pola economía local e polo futuro do noso rural”. Ademais, a Deputación de Lugo tamén colabora coa difusión do evento. 

Trece Roeis Fest 2025 


A maiores das actuacións musicais a programación desta nova edición inclúe actividades paralelas que completan un cartel de luxo no que figuran artistas de recoñecido prestixio no panorama nacional e galego. 

Venres, 20 de xuño
13:00 horas: vermú e xantar 13R.
16:00 horas: cata 13R e obradoiro sensorial da man do Presidente da Asociación Galega de Enoloxía, David Pascual (para esta actividade será necesario reservar praza nesta ligazón: https://entradas.treceroeisfest.com/es/trece-roeis-fest/cata-13r/ ).
16:15 horas: presentación literaria O leo de matamá.
17:45 horas: degustacións 13R.
18:00 horas: Caamaño & Ameixeiras.
19:00 horas: Batarruka.
19:50 horas: Gin Toni´s.
21:20 horas: Trashtucada.
22:50 horas: Dakidarría.
00:40 horas: Linaje.
02:00 horas: Laura DSK.

Sábado 21 de xuño
10:45 horas: apertura da Feira13R.
11:00 horas: 13R infantil. Obradoiro de estampación floral. Abante.
12:00 horas: 13R infantil. Brais das Hortas.
13:00 horas: Montedapena.
15:30 horas: Rastreros.
16:30 horas: Festicultores Troupe.
20:50 horas: Sés.
22:25 horas: Sínkope.
23:55 horas: Ilegales.
01:45 horas: Radiocarmen.

Máis información e venta de entradas en: https://treceroeisfest.com/# .