Cultura
Deputación de Lugo
Economía
Emprego
Turismo

A Deputación enxalza o talento da gastronomía lucense no Día Mundial da Tapa

Pablo Rivera Capón
gastronomia
Tapas
APEHL

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este luns na degustación de petiscos organizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo (APHEL) con motivo do Día Mundial da Tapa. O acto tivo lugar  no Restaurante Daniel, onde o Deputado enxalzou o talento da gastronomía lucense e destacou que “a tradición culinaria é unha das mellores fórmulas para atraer visitantes, dinamizar a economía local e poñer en valor os nosos produtos e aos nosos profesionais”. A Deputación mantén un firme compromiso co sector hostaleiro, que colabora coa Asociación Provincial cunha aportación económica de 40.000€ na promoción turística e gastronómica da provincia.