Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo comeza hoxe o desbroce dos 4.200 quilómetros de estradas provinciais

Desbroces
A institución provincial destina en torno a 1,5M€ a estes traballos, que desenvolve de maneira simultánea nas 24 zonas nas que divide a súa rede viaria para actuar dun xeito máis eficiente. Está previsto que a mediados de xullo estean rozadas nos 67 concellos

A Deputación de Lugo comezou este luns, 2 de xuño, os traballos de desbroce nos máis de 4.200 quilómetros de estradas provinciais. A institución provincial destina este ano en torno a 1,5M€ a estas tarefas que arrancan de forma simultánea nas 24 zonas nas que está dividido o contrato da súa rede viaria para levalo a cabo dun xeito máis eficiente.

As rozas terán un prazo de execución dun máximo de mes e medio, polo que está previsto que a mediados de xullo estean rozadas as estradas provinciais nos 67 concellos. Unhas tarefas coas que a Deputación mellorará a seguridade viaria e a comodidade dos condutores, ademais de favorecer a prevención de incendios durante o verán.

As 24 zonas nas que está dividida a rede provincial para desenvolver os desbroces son as seguintes:

ZONA

CONCELLOS

PUNTO DE INICIO

1

O Vicedo, Viveiro, Xove e Ourol

Viveiro, LU-P-6607

2

Burela, Cervo, Foz, O Valadouro e Alfoz

Cervo, LU-P-1509

3

Muras, Xermade e Vilalba

Xermade, LU-P-2201

4

Barreiros, Ribadeo, Trabada e Lourenzá

Ribadeo, LU-P-5204

5

Mondoñedo e Abadín

Mondoñedo, LU-P-3102

6

A Pontenova, Riotorto e A Pastoriza

Riotorto, LU-P-5501

7

Cospeito, Rábade, Outeiro, Guitiriz e Begonte

Cospeito, LU-P-1701

8

Castro de Rei, Pol e Meira

Pol, LU-P-1611

9

Lugo e Guntín

Lugo, LU-P-2906

10

Castroverde e O Corgo

Castroverde, LU-P-1204

11

Friol

Friol, LU-P-2119

12

Baleira, Baralla e Láncara

Láncara, LU-P-2703

13

Ribeira de Piquín e A Fonsagrada

Fonsagrada, LU-P-1901

14

Negueira de Muñiz e Navia de Suarna

Navia, LU-P-3501

15

Becerreá e As Nogais

As Nogais, LU-P-3702

16

Cervantes e Pedrafita do Cebreiro

Pedrafita, LU-P-4503

17

Antas, Monterroso, Portomarín e Palas de Rei

Portomarín, LU-P-4910

18

O Páramo, Paradela e Sarria

O Páramo, LU-P-4304

19

O Incio, Triacastela e Samos

Samos, LU-P-5602

20

Taboada e O Saviñao

O Saviñao, LU-P-5819

21

Chantada e Carballedo

Caballedo, LU-P-1001

22

Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil

Ribais de Sil, LU-P-5302

23

Bóveda, Pobra do Brollón e Monforte de Lemos

Monforte, LU-P-3201

24

Pantón e Sober

Sober, LU-P-3201

 

Un 21% dos fondos para mobilidade

A mellora da mobilidade centra outro dos grandes piares dos Orzamentos este ano 2025, e por iso o Goberno provincial destina ás estradas máis do 21% do total. A Deputación incrementou, ata os 27,31M€ as partidas de obra nova, conservación, desbroce e actuacións do Parque Móbil, o que representa unha suba destes apartados en máis dun 42% respecto ao 2024, cando a institución destinou 19,4M€. O dobre do investimento que no 2019, cando as partidas para estradas sumaban algo máis de 14M€.