A Deputación de Lugo comparte con ASPNAIS o Día das Familias

O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, participou este sábado no Día das Familias que organizou a Asociación de Pais ou Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual de Lugo (APSNAIS). Unha xornada de convivencia e confraternidade que acolleu o sede do colectivo na rúa Santiago, en Lugo.
A Deputación de Lugo colabora con este colectivo cunha achega anual de 5.000 euros destinados a un programa de intervención psicolóxica en persoas con discapacidade intelectual. Así mesmo, a institución provincial ten cedido dun xeito gratuíto as instalacións do antigo hospital de San José, que permitiu duplicar as prestacións que ofrece e mellorar, deste xeito, o servizo.