Medio Rural e do Mar, Mocidade
Cultura
Deputación de Lugo
Turismo

A Deputación colabora coa MOEXMU, que celebra 40 anos promovendo a actividade agrogandeira na provincia

moexmu
FEIRA AGROGANDEIRA
Muimenta
Cospeito

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este luns na presentación da 40 edición da Mostra Exposición de Muimenta (MOEXMU), que se celebraráa  vindeira fin de semana, do 5 ao 7 de abril, coa colaboración da Deputación. Rivera Capón destacou o apoio da institución provincial, que achega 8.000€ para a celebración dunha cita que “é un referente no seu ámbito”. Felicitou á Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais, Gandeiros e Autónomos de Muimenta por organizar unha iniciativa que visibiliza e pon en valor a actividade agrogandeira”, e ademais faino este ano dun xeito “moi especial”, sinalou o Deputado, pois “a feira cumpre catro décadas co recente recoñecemento do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural”. 

O acto de presentación tivo lugar no recinto feiral Manuel Vila López, onde se desenvolverá a cita, que abrirá as súas portas este venres co pregón de Carlota López Pardo, vicepresidenta do Grupo Aresa. Durante estes tres días celebrarase a oitava edición do tradicional Concurso de Gando Frisón e a XXXVIII Exposición de Raza Rubia Galega e a XXVIII Subasta de Gando Selecto.