Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación amplía ata o 27 de marzo o prazo de solicitude de axudas a entidades deportivas

deporte
AXUDAS DEPORTES
SUBVENCIÓNS A CLUBS E ENTIDADES DEPORTIVAS

A área de Deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo decidiu ampliar o prazo de presentación de documentación para a solicitude de axudas destinadas a financiar a actividade competitiva e a organización de eventos ata o 27 de marzo. Esta medida tomouse ao detectar erros informáticos durante os últimos días de prazo na sede electrónica provincial

Deste xeito, as entidades ou clubs poderán realizar os trámites e presentar a documentación en tempo e forma, ampliando en tres días hábiles o procedemento para a solicitude. Toda a información continúa á disposición da cidadanía na seguinte ligazón: https://www.deputacionlugo.gal/temas/deportes/home

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo destina 600.000 euros a esta convocatoria, a de maior dotación orzamentaria das que se realizan desde a Deputación de Lugo. Na pasada anualidade, as axudas chegaron a 330 clubs de todas as comarcas.