Cultura
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo organiza en Reque un curso sobre estanques e xardíns acuáticos para profesionais

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
REQUE
EFRÉN CASTRO
ARTESANÍA E DESEÑO
bioconstrución
O prazo de inscricións estará aberto do o 27 ao 31 de marzo

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo organiza en Reque unha nova formación sobre o proceso de creación de estanques e xardíns acuáticos, desde unha perspectiva de responsabilidade ambiental e apoio á biodiversidade.

O deputado de Artesanía e Deseño Efrén Castro presentou o curso , acompañado por Gabriel Gómez e Alexandre Grande, que se encargarán de impartir a formación, na que se facilitarán coñecementos e técnicas para a execución destas instalacións hídricas.

O curso desenvolverase durante as fins de semana dos meses de abril, maio e xuño e está dirixido a profesionais de diferentes ámbitos, desde a construción, o paisaxismo e a xardineria ata a educación ou a produción ecolóxica.

O deputado Efrén Castro explicou que “ampliamos o abano de actividades que se veñen ofrecendo en Reque no último ano e medio cunha formación que pode ser de interese en campos moi diversos. Este tipo de instalacións poden crearse en domicilios particulares, cun finalidade recreativa, pero tamén en centros educativos, como espazo de aprendizaxe, e tamén en granxas ou complexos de agroturismo, para optimizar o aproveitamento da auga”.

O responsábel provincial explicou que “o curso servirá tamén para a instalación en Reque dun estanque co que seguimos avanzando na transformación e recuperación deste espazo na contorna da cidade de Lugo”

O prazo de inscricións estará aberto do o 27 ao 31 de marzo. As persoas interesadas en participar poden solicitalo a través do enderezo electrónico lugardereque@deputacionlugo.org, indicando nome completo, DNI, número de teléfono e breve descrición do perfil profesional