Axenda Institucional
Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación recibe ao Presidente da Audiencia Provincial de Lugo, quen cesa do cargo con motivo da súa xubilación

audiencia provincial
RECEPCIÓN

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, recibiu este venres no Pazo de San Marcos ao Presidente da Audiencia Provincial de Lugo, Edgar Amando Cloos, quen cesará este mes do seu cargo con motivo da súa xubilación. No encontro, José Tomé expresoulle o agradecemento e consideración polo traballo que desenvolveu durante os anos nos que estivo no cargo e ao longo de toda a súa carreira profesional, e desexoulle moita sorte na súa nova etapa vital. O mandatario provincial agasallouno cun libro sobre a historia do Pazo de San Marcos, Proxectos para o hospital de Isabel II, o instituto de segunda ensinanza e a Deputación Provincial de Lugo, como recordo da Deputación de Lugo. 

Edgar Amando Cloos Fernández naceu en Monforte de Lemos en marzo de 1957. É xuíz por oposición libre dende 1986. Dende 2002 é presidente da sección segunda da Audiencia de Lugo e, dende finais do 2020, presidente en funcións da Audiencia Provincial.