Deputación de Lugo

Pilar García Porto participa na clausura do II Encontro Estatal de Gobernos Locais e Cooperación ao Desenvolvemento

ENCONTRO
ENTIDADES
LOCAIS

A voceira socialista do Goberno e Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este mércores na clausura do II Encontro Estatal de Gobernos Locais e Cooperación Internacional ao Desenvolvemento. Un foro que reúne estes días en Lugo a máis de 200 representantes de todo o Estado co obxectivo de fomentar o diálogo entre a Administración central e a local en materia de cooperación. No acto desta tarde, que tivo lugar no Vello Cárcere, García Porto sinalou a importancia destas xornadas que, na súa segunda edición, conseguiron “consolidar e ampliar o espírito de traballo que se xerou no Foro de Córdoba”.

“Os proxectos locais de cooperación internacional axudan a definir con precisión o perfil dos concellos españois. Somos unha administración moderna, pegada ós cidadáns e ó noso entorno local”, concluíu a Deputada, que estivo acompañada pola Alcaldesa da cidade, Lara Méndez; o presidente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, Juan González; e o presidente da Comisión de Cooperación ó Desenvolvemento da FEMP, Carlos García, entre outras autoridades.